martes, 16 de abril de 2013

¡MENUDO INVENTO!

Este é o título do noso proxecto para o terceiro trimestre. Xa sabedes que cada un de nós está interesado nun invento distinto polo que poñémonos mans a obra.
Entre as fontes mais interesantes que atopamos temos : HISTORIA DOS INVENTOS 
En breve subiremos as conferencias dos nosos investigadores de aula.

sábado, 2 de marzo de 2013

¡RELAXÁMONOS!!

Hoxe tivemos ocasion de practicar a relaxación mentras escoitamos un bonito conto sobre a colaboración a cárrego da Fundación DEVI. Durante unha hora escoitamos a música da frauta, o son do mar e o vento, sentimos os agarimos dunha bolboreta e todo sin darnos conta de canto tempo pasara.

sábado, 23 de febrero de 2013

OS ANIMAIS E AS PRANTAS

Despois de dar resposta as nosas preguntas sobre os animais que poderíamos incluir no noso ecosistema pasamos a experimentar os tipos de terra mais axeitadas para plantar aquelas plantas que servirían de alimento aos animais  e investigar nas súas características. No laboratorio levamos a cabo os seguintes experimentos:

  1. ¿Canta auga absorve a terra? Tras botar a mesma cantidade de auga  en terra negra, marrón, avermellada e area comprobamos cal delas se enchoupaba mais e cal sería a consecuencia para as nosas plantas e animais.




      2. Clasificamos plantas segundo a sua folla, talo e raiz

 

     3.Construimos un ecosistema con caracois


 










Durante os días seguintes comprobamos como se levan a cabo as relacións entre os distintos elementos da cadea alimentaria, rexistrando as respostas ás seguintes preguntas:

  • ¿Que pasa si o terreo está enchoupado?
  • ¿Que ocurre se os caracois non teñen suficiente comida?
  • ¿ E se hai comida en exceso?
  • ¿Que acontece aos caracois que están nun ecosistema só de pedras?
Non esquezas practicar o que aprendemos sobre os animais e as prantas cando construímos o noso ecosistema.

ANIMAIS





PLANTAS

    



viernes, 22 de febrero de 2013

ANO INTERNACIONAL DA AUGA

Coma en anos anteriores este curso Os Laretas tamén imos colaborar no proxecto da biblioteca do centro que xira en torno a Auga.Como é  un elemento mais dos ecosistemas empezamos as nosas pescudas, e para empezar visitamos  as instalacións de AQUALIA . 


Para profundizar un pouco mais no que alí aprendimos visitade o seguinte enlace.


¡E agora a xogar coa auga!

                   


 

martes, 12 de febrero de 2013

A CADEA ALIMENTARIA

No noso ecosistema de caracois necesitamos plantas pero tamén podería haber outro tipo de animais. Profundizamos un pouco mais no tema da  cadea alimentaria.






Agora intentaremos practicar o que aprendemos no seguinte xogo.





MENUDO ENTROIDO!

Este ano o Entroido xirou en torno ao tema A AUGA,  como parte das actividades que estamos a realizar no proxecto interdisciplinar coordinado pola biblioteca do centro.Cada aula elixiu o seu disfraz e ata o meco se convertiu no SIRENO DOS RECORTES.

Foi un traballo de aula intenso  pero pagou a pena.




Mergulladoresmedusas, esponxas, piratas, sereas e traballadores do mar encheron o patio de Balaídos.

                      Entroido 2013 - foto montaje

A pesares de tanta festa Os Laretas aínda tivemos tempo de degustar os doces típicos destas datas.





O SIRENO DOS RECORTES

Este ano o Meco púxoo un pouco difícil pero, nenos, mestres e ata o conserxe acatamos as ordes con bó humor